subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Servizos Sociais

Os Servizos Sociais de Atención Primaria Municipais, constitúen o nivel máis próximo á usuaria/o e son a vía normal de acceso ó sistema de Servizos Sociais, dende o que se derivan os casos, por prescrición técnica ós servizos sociais de atención especializada cando así o require a especificidade da situación.

Dende os Servizos Sociais de Atención Primaria realízase unha acción social globalizadora e polivalente dirixida ó conxunto da poboación do Concello de Oroso co obxecto de promover e posibilitar o desenvolvemento do Benestar social de toda a veciñanza.


Traballadoras Sociais e horarios

O horario de atención ó público é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

IMPRESCINDIBEL CITA PREVIA TELEFÓNICA no 981688950 de luns a venres de 10:00 a 12:00

Educadora Social

O horario de atención ó público é de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

IMPRESCINDIBEL CITA PREVIA TELEFÓNICA no 981688950 de luns a venres de 10:00 a 12:00

A notificación de cambios na E.I A ULLOA ou nos servizos de conciliación (Bos días e Comedor do CEIP Camiño Inglés) será os luns de 10:00 a 12:00)