subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Saúda

alcalde Estimados veciños e veciñas de Oroso:

Compráceme saudarlles dende esta páxina Web para darlles a benvida a este espazo de información, que desexa estar a altura das novas circunstancias de comunicación en internet.

É o noso desexo, dar a coñecer os servizos de información que se inclúen neste espazo web, co fin de facer máis fluída a nosa relación cos usuarios que nos visiten.

Neste portal poderán encontrar a información que precisen sobre o municipio e as empresas que nel se asentan, ademais de ter acceso a moitas das xestións que ofrece a Administración Local.

Por todo isto, invítolles a visitar esta e todas as páxinas que compoñen este espazo web, para que así, coas vosas suxestións, poidamos mellorar continuamente este e outros servizos que lle ofrece este Concello.

E para todos aqueles que gusten de visitarnos, brindámoslles un punto de referencia para coñecer e descubrir o noso fermoso municipio.

Coa esperanza de que todo isto represente unha nova mellora do benestar para todos nós, aproveito a ocasión para darlles un cordial saúdo.

Cordialmente,

Alexander Doval Expósito