subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Biblioteca Municipal

bibliotecaA biblioteca municipal do Concello de Oroso está situada no centro cultural Fernando de Casas e Novoa e ten como principal obxectivo dar resposta as demandas de información, formación, ocio e cultura dos veciños da localidade. O fondo bibliográfico da biblioteca está composto por materiais diversos como libros, DVD, CD-ROM, publicacións periódicas, cómics, todos eles en acceso libre e dispoñibles tanto para consulta en sala como para préstamo a domicilio.


Aula Informatica BibliotecaA biblioteca conta cun total de 45 postos de lectura repartidos en dúas salas: sala infantil e sala de adultos, ademais de 10 ordenadores para uso público, con conexión a Internet así como servizo Wifi gratuíto.

O acceso á biblioteca é libre, para facer uso da biblioteca necesítase ser socio da mesma e estar en posesión do carné que así o acredita. carne biblioteca








Servizos

  • Préstamo
  • Sala de Lectura e Consulta
  • Sala infantil
  • Prensa
  • Información e atención ao usuario
  • Animación á lectura
  • Acceso a internet

Horarios

Inverno

LUNS A VENRES SÁBADOS
  MAÑÁ 09:30 a 13:30 10:00 a 13:00
  TARDE 17:00 a 20:30  

Verán

LUNS A VENRES SÁBADOS
  MAÑÁ 09:00 a 14:00  
  TARDE    


Contacto

Teléfono: 981 690 903
Email: biblioteca@oroso.gal