subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Descargas

BANDEIRA DO CONCELLO DE OROSO


Ampliar
Descargar

Tres franxas de cor verde e amarela, cun castiñeiro no interior.

A cor verde das franxas exteriores foi elixida como paralelismo co medio natural e a súa conservación, mentres que a franxa central de cor amarela destaca por albergar un maxestoso castiñeiro que simboliza a autonomía municipal.

A árbore ten nas súas pólas catro ourizos, e encóntrase envolta nunha hedra, honrando deste xeito o significado do topónimo de Oroso.

Aprobada polo Decreto 85/2008, do 10 de abril D.O.G. núm.84 (do 2 de maio de 2008)

LOGOTIPO CONCELLO DE OROSO


Ampliar
Descargar

No logotipo emprégase a tipografía Charlemagne std, excepto no "o" central onde se emprega a símbolo.

O símbolo nace do O empregado no logotipo, pero facendo que se presente como un "o" aberto e irregular que remata con dous círculos.

ESCUDO DO CONCELLO DE OROSO


Ampliar
Descargar

O escudo do Concello de Oroso consiste nunha árbore cunha balanza e a coroa real.