Tributos Municipais
O concello de Oroso pon a disposición dos contribuíntes un sistema de xeración dinámica dos impresos de autoliquidacións para o pago de taxas e prezos públicos municipais comodamente dende o seu ordenador.
Só terá que encher os datos dun formulario e automaticamente mostraráselle o documento PDF correspondente á autoliquidación, que poderá imprimir e pagar en calquera entidade bancaria colaboradora do concello ou, se o desexa, utilizar a pasarela de pago on-line de “LA CAIXA” (ata un límite de 2.000 euros) para poder pagar mediante tarxeta de crédito ou débito dun xeito seguro e sen ningún custo adicional para vostede.
Lembre que unha vez feito o pago deberá achegar o exemplar correspondente ao concello xunto coa xustificación do pago (certificación mecánica da Entidade Bancaria impresa ou resgardo de pago telemático on-line) á Tesourería municipal para que quede constancia deste.
Este servizo está dispoñible para as seguintes taxas e prezos públicos:
- Prezos públicos por prestación de servizos deportivos
- Prezos públicos por prestación de servizos educativos
- Taxa por utilización das instalacións deportivas públicas municipais
- Taxa por outorgamento de licenzas de apertura
- Taxa por prestación de servizos urbanísticos
- Taxa por utilizacións privativas e aproveitamentos especiais do dominio público local
- Taxa por entrada de vehículos a través da beirarrúa e reserva da vía pública para aparcamento, carga e descarga
- Taxa por dereitos de exame
- Taxa por utilización das fotocopiadoras municipais
- Taxa por actividades lúdicas e culturais
- Prezos públicos por prestación servizo de comedor escolar
- Prezos públicos por prestación servizo Bos días Cole
- Autoliquidación multas e sancións previas a notificicación definitiva (agás multas de tráfico)