subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novas Obras para mellorar o tráfico


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu plan de mellora do tráfico e a seguridade viaria tanto en Sigüeiro como nas parroquias do municipio, uns traballos que seguirán nos próximos meses.

Nos últimos días, púxose en marcha unha senda peonil e nova sinalización horizontal na rúa Celso Emilio Ferreiro da urbanización Porto Avieira, así como diferente sinalización vertical e horizontal na parroquia de Trasmonte, á altura da escola unitaria e do local social.

Estos traballos únense ás melloras realizadas recentemente en varios puntos de Oroso, como na estrada que une Os Carballos con Recouso na parroquia de Deixebre.

“Coas sinais e as bandas rugosas, aumentamos a seguridade, tanto dos automóbiles como dos peóns”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Tráfico de Oroso.

“Hai previstas a curto prazo outras actuacións, melloras na sinalización que en moitos casos demandan os veciños e veciñas nas reunións que mantemos con eles”, engade Leira.