subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Unha tempada de éxitos para o deporte de Oroso


orosoOs clubes e deportistas de Oroso pecharon unha nova tempada chea de éxitos que o goberno local quere recoñecer, aínda que polas restricións sanitarias non é posible celebrar a tradicional gala do deporte.

O alcalde, Luis Rey, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, realizaron onte unha recepción os/as deportistas individuais do concello que obtiveron éxitos nos últimos meses.

En concreto, estiveron con Estela Ventureira Fraga (Hípica), campioa da Copa Galicia de Doma Clásica e medalla de Ouro no concurso territorial de Ourense (seleccionada para o Campionato de España); e Zaira Campelo Malo (Xadrez), terceira no campionato galego, campioa Sub-8 en Ferrol e participante no Campionato de España.

Estiveron tamén Sara Gacio Cendal (Taekwondo), subcampioa galega Sub-21, e Sara Soneira Baladol (taekwondo), medalla de Bronce no campionato galego Sub-21.

O alcalde, Luis Rey, agradeceu "o voso esforzo, levando o nome do noso concello por toda España", mentres que Antonio Leira lembrou ademais "as dificultades para entrenar e competir nestes meses tan complicados de pandemia".

Nos próximos días, continuarán os recoñecementos do concello a clubes e deportistas de diferentes modalidades