subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso acolle un ano máis o Campus de Fútbol de verán organizado coa Fundación Celta de Vigo


orosoO Concello de Oroso acolleu esta mañá a presentación do novo campus de futbol de verán, que organiza a Fundación Celta de Vigo mediante un convenio coa ED Xuventude Oroso e a colaboración do Concello de Oroso.

Participaron na presentación Germán Arteta, director da Fundación Celta; Manu Gómez, coordinador do campus da Fundación Celta; José Ferro, presidente da ED Xuventude Oroso; Tonecho Liñares, presidente do Sigueiro FC, e Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.

Será do 28 de xuño ao 2 de xullo para nenos e nenas de entre 4 e 16 anos no Campo Municipal Lino Balado de Sigüeiro.

“Unha cita xa tradicional para Oroso, un concello moi comprometido co deporte nas súas diferentes modalidades; de feito, presumimos de que 1.500 persoas practican algún deporte federado e continuaremos mellorando as instalacións para que a cifra siga crecendo”, explicou Antonio Leira.

Máis información e inscricións no enlace https://rccelta.es/mais-celta/campus/