subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novos éxitos de clubs e deportistas de Oroso


orosoO Concello de Oroso felicita e mostra o seu orgullo polos grandes éxitos deportivos desta tempada, xa que a pesares de ser un ano atípico e moi difícil non faltan grandes resultados. Agradece tamén a colaboración e esforzo de todos os clubs e deportistas polo bo traballo e a súa responsabilidade.

O pasado mes de novembro, o club de béisbol Leones de Oroso proclamouse campión do grupo noroeste da liga nacional, vencendo nunha final moi disputada contra o equipo dos Llanos de Asturias e obtendo así unha praza para a fase de ascenso da división de honra. Tres xogadores deste club tamén acadaron premios individuais.

Na disciplina de Taekwondo WTF, a deportista de Oroso Sara Soneira participou o pasado 6 e 7 de decembro coa selección galega no campionato de España junior pesos olímpicos celebrado en Benidorm, enfrentándose na final á representante da selección catalana e acadando un meritorio quinto posto.

Durante os días 4, 5, 6 e 7 de decembro celebrouse en Cunit (Tarragona) o XXVIII Campionato de España de Patinaxe Artística na modalidade de Libre das categorías Cadete, Xuvenil, Junior e Senior.

Do Club Patín Oroso participaron Sara Prado e Flor Lago, que acadaron a súa clasificación despois de proclamarse Campiona Galega Cadete e Subcampiona Galega Senior 2020 respectivamente.

No seu debut nunha competición de ámbito nacional, defenderon os seus programas con moito empeño e moita valía. Sara Prado lograba unha máis que meritoria décima posición e Flor Lago escalaba ata a duodécima.

Tamén participou neste campionato a patinadora orosina Amina Fernández Rodríguez do club Agora, na modalidade libre e categoría xuvenil, xa que fai tres semanas tamén se proclamaba campiona Galega na mesma categoría no campionato autonómico en Ribeira.

Durante esta ponte, disputouse en Zas o Torneo PreEstatal 2020 de Tenis de Mesa, que reunía aos mellores xogadores de Galicia, luchando para obter praza no Torneo Estatal, que se celebrará en febreiro en Valladolid.

Os clubs de Oroso, Oroso TM e CTM Espedregada Oroso, acudiron á cita cunha ampla representación.

Na categoría dos máis xóvenes, O Oroso TM presentou un total de 7 representantes que dominaron a proba alcanzando tres deles as semifinais.
Na categoría Infantil, Uxio Pampín logrou o 1º posto.
Na categoría xuvenil, Martín Fernández lograba o bronce.
Na categoría de Veteranas, Raquel Pérez e Cristina Fernández, prata e ouro respectivamente, e xa se preparan tamén para enfrontarse ás mellores xogadoras de España.

En resumo gran éxito unha vez máis do Tenis de Mesa, xa que sete representantes, de Oroso acadan o pase para o Torneo Estatal.