Oroso recibe este mércores a visita dos Reis Magos cun cambio de percorrido na cabalgata
O Concello de Oroso xa ten todo preparado para recibir este mércores, día 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos! O programa da xornada será o seguinte:
De 10:30 a 14:00 horas e de 15:00 a 17:00 horas: Recepción dos Reis Magos a todos os nenos e nenas que desexen velos no pavillón polideportivo. Os accesos e os aforos estarán perfectamente controlados por persoal do concello e de Protección Civil para respectar os protocolos Covid-19.
CABALGATA: Comezará ás 18:00 horas. Hai un cambio de percorrido para evitar as aglomeracións de xente nas rúas máis pequenas ou con menos espazo nas beirarrúas, manténdose así a distancia de seguridade.
Os Reis Magos sairán ás 18:00 horas do CEIP Camiño Inglés, para continuar pola N-550 (avenida de Compostela), avenida da Grabanxa, rúa do Deporte, rúa Pablo Iglesias e rúa do Camiño Inglés (onde finalizará na rotonda desta mesma rúa).
Os Reis Magos repartirán caramelos na recepción do pavillón, pero non se tirarán na cabalgata para evitar aglomeracións e que todos os asistentes teñan a máscara posta en todo momento.
O CONCELLO DE OROSO DEMANDA responsabilidade e que se respecten as normas pola seguridade e o benestar de todos.
SERÁ SEN DÚBIDA UNHA XORNADA MÁXICA!
AGARDAMOS POR TOD@S VOS!