subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Excursión Aquapark Cerceda


orosoO vindeiro mércores 23 de agosto o Concello de Oroso ten programada unha excursión ao Aquapark de Cerceda, unha actividade que se engloba dentro da Semana Cultural.

A excursión ao Aquapark está destinada a rapaces/zas que no momento da inscrición teñan cumpridos os 8 anos e estean empadroados/as no Concello de Oroso. A adxudicación das 50 prazas será por orde de inscrición no Departamento de Cultura do Concello, daráselle preferencia aos menores de idade e será necesario que estes entreguen a autorización debidamente cuberta antes da realización da excursión.

O desprazamento ata o Aquapark realizarase en bus, saíndo do Centro Cultural ás 11 horas e regresando ao mesmo lugar sobre ás 19 horas. Os menores de idade deberán realizar ambos viaxes (ida e volta) no bus.

Aconsellamos que cada participante leve un bocadillo e bebida ou similar para o xantar, salvo que queira xantar no restaurante que existe dentro do complexo do Aquapark, correndo os gastos por conta do/a participante. Tamén aconsellamos levar protección solar, toalla e/ou roupa para cambiarse.

Os/as participantes irán acompañados/as de monitores durante toda a viaxe, aínda así o Concello non se responsabiliza das posibles perdas materiais, así como dos danos físicos ou psíquicos que poidan sufrir na excursión.

Descargar autorización