O Concello de Oroso presentará este mércores 25 de novembro, ás 12:00 horas, o seu “Manual dos bos tratos” en contra da violencia de xénero, elaborado dentro do programa “Abre os Ollos” que se veu realizando en Sigüeiro dende o pasado mes de outubro. Un manual en cuxa elaboración participaron representantes dos Servizos Sociais do municipio e da Mancomunidade de Ordes (psicóloga, asistente social, asesora xurídica, etc), das forzas de seguridade (Policía Local, Garda Civil e Protección Civil), do xulgado e profesores dos centros educativos. " /> O Concello de Oroso presentará este mércores 25 de novembro, ás 12:00 horas, o seu “Manual dos bos tratos” en contra da violencia de xénero, elaborado dentro do programa “Abre os Ollos” que se veu realizando en Sigüeiro dende o pasado mes de outubro. Un manual en cuxa elaboración participaron representantes dos Servizos Sociais do municipio e da Mancomunidade de Ordes (psicóloga, asistente social, asesora xurídica, etc), das forzas de seguridade (Policía Local, Garda Civil e Protección Civil), do xulgado e profesores dos centros educativos. " /> O Concello de Oroso presentará este mércores 25 de novembro, ás 12:00 horas, o seu “Manual dos bos tratos” en contra da violencia de xénero, elaborado dentro do programa “Abre os Ollos” que se veu realizando en Sigüeiro dende o pasado mes de outubro. Un manual en cuxa elaboración participaron representantes dos Servizos Sociais do municipio e da Mancomunidade de Ordes (psicóloga, asistente social, asesora xurídica, etc), das forzas de seguridade (Policía Local, Garda Civil e Protección Civil), do xulgado e profesores dos centros educativos. " /> Concello de Oroso - Oroso presenta hoxe mércores un "Manual de bos tratos" contra a violencia de xénero.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso presenta hoxe mércores un "Manual de bos tratos" contra a violencia de xénero.


O manual sistematizará as intervencións a realizar para coordinar as actuacións na prevención do maltrato e no apoio e protección das vítimas.

O Concello de Oroso presentará este mércores 25 de novembro, ás 12:00 horas, o seu “Manual dos bos tratos” en contra da violencia de xénero, elaborado dentro do programa “Abre os Ollos” que se veu realizando en Sigüeiro dende o pasado mes de outubro. Un manual en cuxa elaboración participaron representantes dos Servizos Sociais do municipio e da Mancomunidade de Ordes (psicóloga, asistente social, asesora xurídica, etc), das forzas de seguridade (Policía Local, Garda Civil e Protección Civil), do xulgado e profesores dos centros educativos.

O manual sistematizará as intervencións a realizar no tema da violencia de xénero para garantir actuacións coordinadas nos distintos niveis e áreas de actuación en caso de maltrato: prevención, apoio e protección. Ademais, elaboraranse unhas fichas de recollida de datos que favorezan a intervención común e a coordinación entre departamentos e entidades, garantindo sempre que os datos de cada vítima sexan absolutamente confidenciais.

Coloquio

Xa pola tarde, o Centro Cultural Fernando Casas e Novoa acollerá unha charla coloquio sobre a violencia de xénero. Intervirán Ana Sanmartín, xornalista da TVG que falará sobre a violencia de xénero nos medios de comunicación; mentres que Juan Castor Vázquez Salgado, inspector xefe da Brigada da Policía Xudicial, tratará o tema da intervención dos corpos de seguridade nestes casos.

Finalmente, Nuria Pereira Martínez, directora do Instituto Europeo “Campus Stellae”, desenvolverá o tema da asistencia ás vítimas do maltrato; mentres que María del Carmen Morell Muñuz, terapeuta familiar e psicóloga xurídica, falará sobre as relacións afectivas. O coloquio empezará ás 16:30 horas e a asistencia é libre e gratuíta