subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Competencias Dixitais: Ofimática con LibreOffice


orosoA aula de formación EducaOroso impartirá un curso de competencias dixitais dende o 7 de novembro ata o 30 de novembro en horario de 10 a 12 horas.

Colectivo destinatario: cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Utilizar con axilidade un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles etc.)

Obxectivos

  • Ofrecer unha visión ampla da informática no seu uso cotián, facendo fincapé nas ferramentas tecnolóxicas de uso máis frecuente referentes ás aplicación de oficina.
  • Aprender ofimática (procesadores de texto, follas de cálculo, base de datos, etc.) de forma correcta usando ferramentas libres, co fin de que os alumnos coñezan un maior abano de programas coas que xestionar os seus documentos e sexan capaces de obter o maior proveito das diferentes alternativas existentes.
  • Acadar os coñecementos e recursos necesarios para a preparación da proba libre para a obtención da certificación galega en competencias dixitais, COMDIX, no que se refire a competencia “creación de contido dixital”.

COMDIX ¿Qué é?

A certificación galega en competencias dixitais acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías no eido persoal, social e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica.

O día 01 de xaneiro de 2022 entrou en vigor o DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).

Metodoloxía

Formación práctica en combinación con explicacións e orientacións sobre as actividades a realizar.

Enmarcado dentro da competencia “creación de contido dixital”. Adecuación dos contidos e prácticas á preparación da proba libre, facer, refacer ou compoñer contidos dixitais en ofimática, para a obtención do COMDIX.

Programa

LibreOffice Writer. O procesador de textos
LibreOffice Impress. Presentacións dixitais
LibreOffice Calc. Follas de cálculo
LibreOffice Base. Bases de datos

Solicita a túa praza:

https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/39611
ou na Aula de Formación EducaOroso: