subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novidades da aula de formación


orosoCon motivo das vacacións de Nadal e o peche da aula dende o 23 de decembro ata o 8 de xaneiro de 2020, habilítase a posibilidade de conxelar matrículas. Esta opción estará dispoñible ata o venres 20 de decembro de 2019.

Procedemento

Aquel alumnado que desexe conxelar a matrícula de algún curso durante o período de Nadal deberá acudir a aula EducaOroso para realizar dito proceso ou poñerse en contacto a través do correo electrónico educaoroso@oroso.gal.

Importante

Só é posible conxelar matrículas que non estean caducadas. Excepcións: As matrículas dos cursos CISCO CCNA, Linux Essentials e os cursos gratuitos NON se poden conxelar. Desconxelación: Todas as matrículas conxeladas por este método serán desconxeladas automáticamente o día 8 de xaneiro de 2020.

Por outro lado, lembramos a apertura do prazo de matriculación dos cursos pertencentes á Convocatoria de Formación do Profesorado, destinado aos docentes que teñen interese en realizar cursos Mentor, que unha vez finalizados satisfactoriamente quedarán inscritos no Rexistro de Formación do Profesorado do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Os cursos pertencentes a esta convocatoria son:
-GIMP
-Photoshop Básico.
-Deseño en 3D con Sketchup inicial.
-Crea o teu web con WordPress.
-Modulación da voz.
-Lingua de signos A1.
-Educación infantil.
-Técnicas de estudo.
-Familia, Escola e Convivencia.
-Ferramentas para a Aprendizaxe en Educación Formal e Non Formal: O Enfoque de Proxectos.
-Coaching e liderado persoal.
-Redes sociais para PYMES.
-Introdución ao Community Management.
-Orientación Profesional e procura de emprego.
-Comunicación efectiva e traballo en equipo.
-Promoción e comercialización de produtos e servizos turísticos locais.