subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza oito xornadas gratuítas para fomentar a creación de emprego.


Comezarán este mércores, de 10:00 a 14:00 horas, coa presentación “Creación de ideas de negocio viables” no Aula CeMIT de Sigüeiro

orosoO Concello de Oroso organiza oito xornadas formativas gratuítas para fomentar a creación de emprego, que estarán abertas á participación de toda a veciñanza que o desexe. Unhas xornadas que terán lugar en horario de 10:00 a 14:00 horas na aula CeMIT Sigüeiro. Para participar só é preciso apuntarse na propia aula, no teléfono 981 688 950 ou no mail cemit.oroso@xunta.es.

A concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro, explica que “o obxectivo é que as persoas que participen poidan coñecer que oportunidades de negocio ofrece a novo paradigma laboral axeitándose ás novas tendencias do mercado”. Así, trataranse temas como o crecemento intelixente, integrador e sustentable, co obxectivo de potenciar a creación do emprego baseada na innovación de produtos e servizos e así poder enfrontar os grandes retos en cada poboación.

As oito xornadas son:
- 22 de novembro: Creación de ideas de negocio viables.
- 23 de novembro: Desenrolo de prototipos de negocio.
- 27 de novembro: Planificación de accións e plans comerciais.
- 29 de novembro: Plan de marketing para o inicio do negocio.
- 4 de decembro: A proba de produto/servizo. Introdución ao product test.
- 11 de decembro: A proba de produto/servizo. Introdución ao market test.
- 13 de decembro: Idea de empresa (formas xurídicas e trámites de constitución).
- 18 de decembro: Elaboración do plan de empresa.