subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso continúa co seu plan integral de abastecemento con obras en Rial e Mixoi


orosoO Concello de Oroso continúa nestes meses de verán co seu plan integral de posta en marcha da rede de abastecemento, “co obxectivo de pechar no 2020 o ciclo de auga en todo o municipio”, sostén o alcalde, Manuel Mirás Franqueira.

Nestes momentos, hai obras para a posta en marcha da rede de abastecemento de auga en Rial, na parroquia de Trasmonte, e no núcleo de Mixoi, que se prolongarán durante as próximas semanas.

O alcalde de Oroso estivo hoxe nas obras de Rial supervisando os traballos xunto á empresa encargada. A actuación ten un orzamento de 61.442 euros, mentres que o de Mixoi é de 16.251 euros.

“Tivemos que facer fronte á dispersión xeográfica do concello, pero estamos preto de pechar o ciclo de auga, conseguindo que todos os veciños e veciñas do rural teñan acceso á rede pública municipal se o necesitan”, explica Manuel Mirás.

Como outros moitos proxectos, os traballos na rede de abastecemento sufriron un parón polo estado de alarma e o confinamento derivado da pandemia do coronavirus, polo que o concello aproveita o verán para impulsar todas as obras pendentes.