subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sexta reunión informativa da corporación local para analizar as medidas polo COVID 19


orosoEsta mañá, todos os concelleiros e concelleiras da corporación local mantiveron unha nova reunión por videoconferencia para analizar as medidas postas en marcha polo Covid 19, a sexta desde o comezo da crise sanitaria:

A Alcaldía informou de que repartiu xa 12.850 mascarillas e hoxe chegará ata as 13.000 ao rematar a terceira quenda de entrega (unha primeira entre as persoas maiores o os colectivos vulnerables e dúas en todos os fogares).

En concreto, o concello repartiu 5.250 mascarillas FPP2, 4.600 quirúrxicas, unhas 1.700 quirúrxicas de tela e 800 para a poboación infantil (aínda quedan 200 en stock).

O reparto de mascarillas e material de protección continuará coas fases da desescalada, pero unha vez que a veciñanza poida saír da casa, a entrega será na base de Protección Civil.

Por outra parte, a Alcaldía de Oroso lembroulles na reunión os últimos datos do centro de saúde. Desde o pasado martes, 21 de abril, non rexistrou ningún novo caso de coronavirus e déronse catro altas. A día de hoxe, quedan seis persoas en seguimento e só unha delas continúa hospitalizada. As demais están no seu domicilio.

Continúan os traballos de desinfección e limpeza das rúas, espazos públicos e negocios esenciais, tanto no casco urbano como no rural.

Durante a desescalada, haberá tarefas de nebulización das rúas e de limpeza dos colectores de lixo cada dous días. Volverá tamén o camión quitaneves do Ministerio de Transportes para nebulizar as rúas cunha solución de auga con hipoclorito sódico.

Dentro de eido económico, anunciouse a creación dunha comisión oficial para concretar axudas destinadas aos sectores máis perxudicados pola pandemia, como a hostalería, pequeño comercio, etc. A comisión porase en marcha nun pleno que se celebrará nás próximas datas.

O concello prestará tamén axuda en materia de loxística ao comercio e a hostalería para a súa reapertura.

Á marxe do comezo das obras anunciadas a semana pasada, nos últimos días licitaronse os seguintes proxectos e traballos:
-Dirección de obra e de execución de obra de Cuberta da piscina municipal.
-Acordo marco de bacheo de vias, camiños e estradas municipais.
-Mellora da rede viaria nos lugares de Vilacide de Arriba e Vilacide de Arriba-Vilacide de Abaixo (Oroso), Cabanas (Calvente), O Seixo (Pasarelos) e A Toxeira (Sigüeiro).
-Reurbanización rúa Tras da Torre.
-Adecentamento de pavimento en diversos viais do núcleo de poboación de Rial (Trasmonte) e ampliación de rede de abastecemento de auga nos núcleos de poboación de Rial (Trasmonte), Mixoi (Calvente) e Baiuca (Senra).

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POLO VOSO COMPORTAMENTO! ÁNIMO!