subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reunión da Comisión Municipal de Seguimento do Covid-19


orosoA Comisión Municipal de Seguimento do COVID 19 no Concello de Oroso reuniuse está mañá, coa presenza de todos os grupos políticos da corporación, para avaliar as medidas adoptadas e darlle prioridade ao eido sanitario.

A comisión está en contacto permanente co centro de saúde de Oroso e co persoal de servizos sociais, Protección Civil e forzas de seguridade para prestar unha atención especial aos colectivos máis vulnerables, controlando as necesidades das persoas maiores ou que que viven soas.

O Concello de Oroso habilitou a semana pasada un servizo para estas persoas maiores, aquelas que vivan soas ou se atopen en situación de vulnerabilidade e non conten con apoio familiar ou social, dentro das medidas extraordinarias tomadas pola crise do Covid-19.

Con este servizo, o concello compra e entrega comida e medicamentos ás persoas que o demanden, así como atenden outras necesidades. Os números de teléfono aos que poden chamar son:
-981 688 950, de Servizos Sociais do Concello de Oroso.
-698 169 443, de Protección Civil de Oroso.
-638 050 451, de Alcaldía.

Ademais, o persoal de limpeza municipal limpa e desinfecta espazos común, con especial atención ás proximidades do centro de saúde, supermercados ou farmacias.

A comisión de seguimento está en contacto permanente coas autoridades políticas e sanitarias e pide a colaboración veciñal para que as medidas postas en marcha teñan éxito.

Manterá ademais reunións de forma constante para avaliar outro tipo de medidas económicas ou fiscais para os veciños e veciñas de Oroso.