subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".


Receita gañadora. Zaira María Pulleiro Sánchez

oroso PANCAKES DE CABAZA E ANÍS
Ingrendientes para 12 racións

  • 3 ovos
  • 200g. de fariña
  • 100g. de leite
  • 50 g. de licor anís
  • Unha culleradiña de anís en gran
  • Reladura dun limón
  • Un chisco de sal fino
  • Aceite de oliva suave, para fritir

Preparación.
Cortamos a cabaza en tacos e cocémola nun chisco de auga. Cando estea lista triturámola coa axuda dun garfo, estendémola ben nun prato para que arrefríe.
Por outra banda, dos ovos separamos as claras das xemas. Batemos as claras ata que queden espumosas e engadimos o azucre pouco a pouco.
A continuación iremos mesturándolle as xemas, o leite, o anís, o sal, a reladura do limón e a cabaza. Por último, engadiremos a fariña peneirada ata formar unha masa de pancakes. Deixamos repousar media hora.
Fritimos a lume medio en aceite de oliva suave. Darémoslles forma aos nosos pancakes ao engadir, coa axuda dunhas culleres, o aceite. Esperar que se douren.

Suxestións: Aqueles/as que sexan máis larpeiros/as poderán degustalos con mel.

Receita finalista. José Ramón Pulleiro Liste

oroso FILLOAS RECHEAS DE RISOTO DE GRELOS E TOUCIÑO ENTREFEBRADO

Ingrendientes para o risoto:

  • 200g. arroz
  • 1 cebola mediana
  • 150g. cabaciña
  • 150g. touciño entrefebrado
  • 2 culleradas de nata líquida
  • 1 cullerada de leite enteiro
  • Sal
  • Pementa
  • Allo
  • Aceite de oliva

Ingrendientes para as filloas:

  • Fariña de trigo
  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 ovo
  • Auga
  • Sal

Preparación.
Por unha banda prepararemos as filloas: Derretemos a manteiga e deixámola arrefriar. Batemos o ovo e engadimos auga morna. Iremos mesturando o resto dos ingredientes dun nun: o sal, a manteiga arrefriada e a fariña, ata conseguir un amoado. Deixaremos repousar media hora e logo cociñarémolas ao método tradicional.
Por outro lado prepararemos o recheo: O risoto. Nunha pota douraremos un dente de allo triturado en aceite de oliva. Picamos a cebola moi miúda e a cabaciña, salpementamos e escalfamos durante 5 minutos. Unha vez teñamos as verduras ao punto engadiremos o arroz e o touciño entrefebrado cortado en anacos miúdos. Antes de engadir a auga precisa deixaremos dourar os grans de arroz xunto coas verduras e o touciño entrefebrado uns minutos. Coceremos coa auga necesaria o arroz e os grelos limpos e cortados. Unha vez chegado ao punto final da cocción, retiramos do lume e mesturamos a nata e o leite. Deixaremos repousar uns 15 minutos.
Finalmente e preparadas ambas as receitas procederemos a reencher.
Suxestións: pódense substituír a nata e o leite por un bechamel lixeiro.
Bo proveito!

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 24 de febreiro de 2014, antes das 14:00h. o día 25 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado da casa no centro cultural de 9 a 14 ou de 17 a 18 horas.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 1 de marzo, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.