subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso realiza melloras de acondicionamento nos centros educativos por un importe de 62000 euros


O novo equipo de goberno fai fincapé nas infraestructuras e servicios no rural do concello para dotalos das melloras necesarias

orosoO goberno local acomete unha serie de melloras nas escolas de educación infantil e primaria do municipio que inclúen ás escolas unitarias das parroquias do rural do concello, cun investimento de máis de 62000 euros que estarán listas para o inicio de este novo ciclo escolar.

As escolas encóntranse nas parroquias de Senra, Trasmonte, Deixebre e no lugar de Vilacide na parroquia de Oroso, ademáis dos CEIP que están no núcleo principal do concello, Sigüeiro, o CEIP Camiño Inglés e o CEIP de Sigüeiro.

Estas melloras de acondicionamiento están enfocadas en áreas como a fontanería, electricidade, pintura ou carpintaría, onde se acometerán obras como instalar tarima nas escolas de Vilacide e Trasmonte ou, a obra de maior envergadura que é un tellado novo na escola de Senra, que é a mais deteriorada dos CRA (Centro Rural Agrupado).

“Con estas actuacións comezamos así unha serie de proxectos para a mellora e mantemento dos centros educativos de todo o concello en compromiso cunha educación pública e de calidade”, afirmou o alcalde, Alex Doval.