subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Edición de imaxes con GIMP


orosoA aula de formación EducaOroso pon en marcha un novo curso de edición de imaxes a través do software libre GIMP. As xornadas terán lugar pola mañá de 10:00 a 12:00 horas de luns a xoves, dende o luns 17 ata o xoves 27 de xaneiro.

O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.

Contidos
· Introdución da interface gráfica
· Conceptos básicos de imaxes dixitais
· Uso de capas
· Ferramentas de selección
· Uso de outras ferramentas
· Retoques que podemos facer nas nosas fotos
· Cartel sinxelo
· Montaxes simples

Podes solicitar a túa praza no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37904 ou tamén se te achegas a Aula Mentor EducaOroso na Rúa do Deporte, nº 7 en Sigüeiro.

A actividade levarase a cabo de xeito presencial. A causa da excepcional situación que se está a vivir pola COVID-19 pódese solicitar seguir a actividade a través de vídeo conferencia enviando un mail a educaoroso@oroso.gal logo de realizar a solicitude.