subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Formación gratuita: "Competencias dixitais para o emprego"


O curso “Competencias dixitais para o emprego” está dirixido a persoas en situación de desemprego.

orosoA aula de formación EducaOroso impartirá un curso de competencias dixitais para o emprego dende o luns 29 de novembro ata o xoves 2 de decembro en horario de 10 a 13 horas.

Co obxectivo de mellorar a empregabilidade e a ocupabilidade das persoas a través de itinerarios personalizados de inserción, mellorando as súas competencias profesionais dixitais.

As competencias dixitais son todas aquelas habilidades, capacidades e aptitudes relacionadas coa aplicación, o uso eficaz, útil e práctico das novas tecnoloxías, tanto nunha contorna profesional, social, formativa, familiar, lecer, etc.

Refírense a saber sacarlle utilidade, aproveitamento á tecnoloxía e recursos dixitais dispoñibles en calquera contorna no que poidan ter unha aplicación útil. Unha competencia dixital en si mesma é a inquietude ou a curiosidade por estar actualizado e probar as novidades que van saíndo, saber de que tecnoloxía dispoñemos en cada área e como aplicala para mellorar algún proceso, tarefa, etc.

Esta formación é para ti SE:

- Tes un obxectivo profesional.
Entrevista Diagnóstico Inicial.

- Necesitas axuda para debuxar o teu plan de acción.
Orientación Laboral para apoiar e clarificar ideas.
Deseño de itinerarios personalizados para mellorar a túa empregabilidade.

- Queres mellorar o teu proceso de procura de emprego.
Formación en competencias dixitais para ampliar as túas posibilidades de traballo.
Talleres de Networking profesional para mellorar a túa inserción nas novas tecnoloxías da información e do emprego.

-Che interesa achegarche ao mundo empresarial.
Asesoramento para o autoemprego e procesos mentoring para favorecer a consecución dos teus obxectivos de innovación e emprendemento.


Solicita a túa praza a través do enlace https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37570