subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

XXI Festa da Troita.

Manuel Mirás Benqueridos/as veciños, veciñas, festeiros/as chegados de todos os lados da xeografía galega, medios de comunicación públicos e privados, persoal que traballa nas distintas áreas da organización: Concelleiro de Cultura, Seguridade cidadá, departamento de cultura, deportes, todo o equipo de goberno, voluntarios de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, hostaleiros, animadores, músicos, expositores, barracas de animación, a todos quero darvos as grazas por participar un ano máis na FESTA DA TROITA.
A miña intención é que todos e todas vos sintades a gusto nestes tres días de festa, pero sobre todo o día grande, o domingo, no que poderemos degustar á raíña do río a partires das doce mañá na Alameda de Gois e na gran maioría dos establecementos hostaleiros repartidos por todo o Concello.
Ás catorce horas chegará o pregón que este ano será pronunciado pola presidenta da Cámara de Gois, Portugal, porque queremos que cada vez a festa sexa máis internacional.
Pero a Festa da Troita é algo máis que unha simple festa gastronómica, é tamén un evento deportivo onde se celebra un campionato de pesca sen morte para todo tipo de pescadores e tamén para os máis pequenos no río Carboeiro, un dos seis que surcan o noso territorio.
Por outra banda, temos actividades lúdicas e culturais para todos os públicos, para os que lles gustan as boas orquestras e o baile temos o mellor de Galicia; por isto convídovos a que non deixedes de visitar Oroso porque na súa capital, Sigüeiro, celébrase esta gran festa, onde non falta de nada. Por este motivo foi declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2009, porque conxuga gastronomía, deporte, cultura, animación lúdica e verbena tradicional coas mellores orquestras de Galicia.
Antes de pechar este breve saúda quero expresar a miña gratitude a todos os establecementos que fan a degustación gratuíta da troita, pois sen a súa colaboración, esta festa non sería o que é pero tampouco quero esquecer a todos os establecementos que dende tempos inmemoriais fixeron ao noso concello famoso pola boa maneira de cociñar as troitas, pois troitas como as de Oroso-Sigüeiro non as hai nin se cociñan no mundo enteiro.
Todos os anos temos algunha novidade, este ano presentarémosvos á mascota da festa e do noso concello que se chama TROI.
Unha aperta. Boa festa!

Programa da Festa

programa festa da troita


  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
         - Orquestra Fania
         - Orquestra Paris de Noia
    Lugar: Alameda de Góis

  • 09:00 a 13:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as
  • 10:00 a 13:00 horas: Exposición "Catro médicos por Oroso"
    Lugar: Centro cultural
  • 11:30 a 13:00 horas: Obradoiros infantís.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 12:00 horas: Charanga TNT.
  • 16:00 a 20:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as.
  • 18:00 horas: Máxia - Mago Teto.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 19:30 horas: Asoc. Folklórica Lembranzas do Tambre.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 20:30 horas: Asoc. Cultura Néboas do Cumio.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO.
         - Orquestra Atenas
         - Orquestra Panorama
    Lugar: Alameda de Góis


  • 09:30 a 13:30 horas: Campionato de Pesca Infantil.
  • 10:30 horas: Pasacalles.
         - Charanga Mekánica
  • 11:30 a 13:30 horas: Garabato de Xogos.
    "Xogos en Familia ".

    Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo
  • 12:00: Pasacalles e baile.
    Actuación: A.F. Buxos Verdes

    Lugar: Alameda de Góis e arredores
  • 12:30 horas: Degustación de Troitas en bares colaboradores e na Alameda de Góis.
         - Pasacalles Charanga Mekánika
  • 13:30 horas: Pregón: Drª María de Lurdes Oliveira Castanheira (Presidenta da Cámara Municipal de Góis).
    Entrega de premios e trofeos do Campionato de Pesca.
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 14:15 horas: Sesión Vermú:
         - Orquestra Metrópolis
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 14:30 horas: Xantar Popular
    Lugar: Carpa da Alameda de Góis. 
  • 16:30 horas: Pasacalle e Charangas:
         - Grupo de percusión Malandros Escola de Samba

  • 17:30 a 19:30 horas: Garabato de Xogos.
    "Xogos en Familia".

    Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo e arredores
  • 19:30 horas: Verbena:
         - Orquestra Metrópolis
         - Combo Dominicano
    Lugar: Alameda de Góis.
     

En caso de mal tempo as programacións infantís e o festival folclórico trasladaranse á carpa na Alameda de Góis.



Relación de bares participantes na degustación de troitas.

ANBORE COFFEE BAR BAR A FALMEGA BAR A RUTA BAR BOQUETE
BAR CORTÉS BAR FERNÁNDEZ BAR GOROS BAR NOVA XEIRA
BAR O CAMPO BAR O CAZADOR BAR SIGÜEIRO BAR TAPAS
BAR X Q NO? CAFÉ BAR ÉBANO CAFÉ BAR SIGÜ CAFÉ BAR XARDÍN
CAFÉ BAR 1X2 CAFETERÍA CHE CAFETERÍA D´VILA CAFETERÍA 6 RIOS
CERVECERÍA 1900 MESÓN TAMBRE O CAFÉ DE MANUELA PARRILLADA CACHOPAL
PULPERÍA AS RÍAS REST. A CANTINA MESÓN OS MADEIROS REST. BALASAR
REST. OS MARIÑAOS RESTAURANTE MIRÁS REST. O NOSO MESÓN SIGÜEIRO HOSTEL
VINOTECA RAQUEL NOVO RODEO VDA. DE NOUCHE FOLK




Colaboran:

 



XXI Concurso de Pesca.

PROGRAMA:

  • 08:00 horas: Concentración dos participantes no Rest. LAR BLANCO (fronte ao cruce Porto Avieira), entrega de documentación.
  • 09:00 horas: Inicio da 1ª manga
  • 11:00 horas: Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
  • 11:30 horas: Inicio segunda fase
  • 13:30 horas: Fin da 1ª manga.
  • 14:00 horas: Concentración, entrega de plicas e xantar Rest. LAR BLANCO
  • 16:00 horas: Inicio da 2ª manga
  • 18:00 horas: Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control
  • 18:30 horas: Inicio segunda fase
  • 20:30 horas: Fin da competición e entrega de plicas
  • DOMINGO 14: Entrega de trofeos ás 13:30 no palco da festa
               

Documentación que se debe entregar:

  • Copia licenza federativa (pódese tramitar a través do Concello, se non se posúe).
  • Folla de inscrición debidamente cuberta e asinada

TRAMITACIÓN LICENZA FEDERATIVA

  • O ingreso para tramitar a LICENZA FEDERATIVA (para os que non a teñan), farase na conta da Federación Galega Pesca: novagaliciabanco: 2080-0176-96-3040010672 (15 € adultos e 5 € nenos ata 16 anos).
  • A licenza federativa é necesaria para participar neste campionato. Poderase tramitar na oficina de deportes municipal, sita no Centro Deportivo, achegando xustificante do ingreso e folla de inscrición cuberta.
  • Os que xa dispoñan de licenza federativa deberán achegar unha copia xunto ca folla de inscrición cuberta, mediante fax ou correo electronico: Fax: 981 69 17 86. Mail: deportes@concellooroso.com



Bases do Concurso

  • 1.-O deportista, só poderá ter unha cana en acción de pesca.
  • 2.-Para a extracción da captura e a súa posterior presentación ó control, deberá facer uso dunha sacadeira ou trueiro, para logo ser devolta o río.
  • 3.-Cebos só artificiais: culleriñas, moscas, rapalas, ...
    Culleiriñas: xiratorias ou ondulantes simples en calquera das súas variantes e cun só anzol, pero sen plumas, pelos, la, etc.
    Os anzois de cebos deberán estar desprovistos de arponciño ou semellante.
  • 4.-Serán capturas válidas as pezas de 17cm ou mais, medidas dende o extremo da boca ate a punta da cola.
  • 5.-Para calquera outra norma e para o computo das puntuacións aterémonos ó regulamento da FGP.



Datas e prazos

  • Prazo para apuntarse: Ata o día 9 de maio.
  • Concurso de pesca: o día 13 de maio ás 8:00 horas da mañá no Restaurante Lar Blanco.

Descarga de documentos



Datas



CONCURSO INFANTIL



Información e inscrición