subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Servizo de Normalización Lingüística.

Novidades

Resultados probas Celga 2012
Publicada a listaxe definitiva das probas para a obtención do Celga4 que tiveron lugar no mes de xuño.
Ver resultados

Orde do 7 de agosto de 2012 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120822/AnuncioG0164-130812-0002_gl.pdf

O galego campa (Verán 2012)
"O galego campa!" é un programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinado aos campamentos de verán. O obxectivo deste programa é favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais facilitarlles formación e recursos aos monitores e monitoras para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresaren nesta lingua.
Se ben o espazo de aplicación principal do programa son os campamentos de verán organizados pola Xunta de Galicia, o conxunto dos materiais poden resultarlles útiles aos monitores e monitoras do conxunto dos campamentos de Galicia. Por iso se habilitou un espazo web para facilitar a descarga de todos eles (cancións, fichas de actividades, pautas de dinamización...). Están dispoñibles en www.xunta.es/linguagalega/o_galego_campa.
O Concello de Oroso, como concello adherido á Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ten vocación de compartir recursos e esforzos para a promoción da lingua galega, e xa que no noso concello ten lugar o Verán lúdico, que se pode considerar un campamento urbano, esta pode ser unha ferramenta útil para facilitar a dinamización da lingua galega entre os participantes.

Resultados probas Celga 2012
Publicada a listaxe provisional das probas para a obtención do Celga4 que tiveron lugar no mes de xuño:
Acceder información

Probas Celga3 (Xuño 2011)
Publicada a listaxe definitiva das probas Celga que tiveron lugar no mes de xuño
Acceder información

A lingua galega, historia e dereitos lingüísticos (Xuño 2011)
A exposición “A lingua galega. Historia e dereitos lingüísticos”, da Deputación da Coruña, é unha mostra gráfica e audiovisual co obxectivo fundamental de plasmar a historia da lingua galega desde os seus inicios ata a época máis recente.
Os concellos que contarán con ela son: Outes, Porto do Son, Rianxo, Oleiros, Cee, Melide, Muros e Oroso. No caso de Oroso, poderá visitarse desde o 1 ao 15 de xuño no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.
A exposición consta de 14 paneis de 100 x 200 con contidos textuais e fotográficos, acerca de:
• A humanidade e a creación das súas identidades
• A diversidade cultural e lingüística
• Dende a Gallaecia á Galicia medieval
• O esplendor da lingua galega
• A decadencia nos Séculos Escuros
• O Rexurdimento
• O galeguismo na loita pola democracia e os dereitos lingüísticos
• A ditadura e a falta de dereitos: a represión lingüística
• O maltrato ás persoas e o desprezo da súa lingua
• A democracia e a normalización lingüística
• Os dereitos lingüísticos
• O galego na administración
• O galego no ensino
• O galego na sociedade
Así mesmo, a exposición tamén se compón de material audiovisual, dous monitores que proxectarán dúas curtametraxes de 15 minutos con entrevistas a personalidades da cultura galega e do exilio e entrevistas a especialistas sobre sociolingüística que desenvolverán os seguintes temas:
• A lingua galega: orixe, evolución e decadencia
• Dende o Rexurdimento ao galeguismo
• A II República e os dereitos lingüísticos
• 1936: a ditadura franquista e a galegofobia
• Dende a represión á resistencia
• A democracia e a normalización lingüística
• Os dereitos lingüísticos


Curso para a obtención do Celga 3 (2011)
Inicio: mércores, 6 de abril
Horario: de luns a xoves, de 20:00 a 22:00 horas
Lugar: Centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro
Data prevista de finalización: martes, 14 de xuño

Para calquera outra dúbida ou aclaración poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello, de 09:00 a 13:00 horas, no teléfono 981 691 478 ou no correo electrónico irene.bravo@oroso.dicoruna.es

Agasallos en Galego (Nadal 2010)
O Concello de Oroso, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, está a difundir Agasallo. Propostas de regalos en galego, unha guía editada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), e na que se dan arredor de 250 ideas de regalos en galego para o tempo de Nadal.
Máis información

Probas Celga4 (Novembro 2010)
Publicada a listaxe definitiva das probas Celga que tiveron lugar no mes de novembro http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga#Celga4_102010




Servizo de Normalización Lingüistica

O Concello de Oroso conta cun Servizo de Normalización Lingüística grazas á subvención concedida pola Deputación da Coruña para impulsar o proceso de normalización lingüística no concello. O obxectivo principal deste é, xa que logo, o de incrementar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos do termo municipal. As nosas funcións están centradas en varios planos diferentes:

Funcións xerais:

  • Asesorar á Administración en todo o relacionado coa política lingüística.
  • Facer un seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.
  • Colaborar coa Administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos e das aspirantes.

Funcións de dinamización lingüística:

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega seguindo as directrices de política lingüística do organismo.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  • Propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien á sociedade respecto ao uso da lingua galega.
  • Propiciar e xestionar liñas de información e axuda dirixidas á rede asociativa, empresarial e educativa para fomentar o uso do galego.
  • Promover e coordinar grupos de persoas interesadas no proceso de normalización lingüística para que funcionen como axentes normalizadores na sociedade.

Funcións de formación sociolingüística:

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos.
  • Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos, etc.
  • Colaborar no deseño de programas de formación non lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorables á mellora de actitudes lingüísticas.

Funcións de asesoramento lingüístico:

  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da Administración.
  • Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.



Ligazóns de interese relacionadas coa lingua e coa normalización

Institucións:
- Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación
- Real Academia Galega
- Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega
- Instituto da Lingua Galega

Organizacións e asociacións:
- Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua
- A Mesa pola Normalización Lingüística

Dicionarios e vocabularios:
- Vocabulario ortográfico da lingua galega
- Dicionario da Real Academia Galega (adaptado á normativa 2003)
- Dicionario de galego de Ir Indo (adaptado á normativa 2003)
- Buscatermos


Correctores e tradutores automáticos:
- Corrector Imaxin Galgo 2.0
- Corrector para o Word de Windows
- Corrector en liña Ortogal
- Tradutor automático Es>GL da Xunta de Galicia
- Tradutor Apertium

Lexislación lingüística:
- Compilación de lexislación da lingua galega na páxina da Secretaría Xeral de Política Lingüística

Toponimia:
- Nomenclátor de Galicia na páxina da Xunta de Galicia
- Nomenclátor de Oroso na páxina da Xunta de Galicia