subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novas do Concello

orosoPrograma de actividades da Semana Cultural Oroso 2017.
Cine, teatro, música, obradoiros, maxia, monicreques, roteiros, excursións e así ata vinte iniciativas compoñen o programa de actividades da Semana Cultural do Concello de Oroso, que terá lugar entre o 24 de agosto e o 9 de setembro. Vinte actividades de carácter lúdico e participación gratuíta organizadas polo Concello de Oroso e que están dirixidas a un público infantil e familiar.


orosoInauguración exposición artística Summer Camp.
Os nenos e nenas do 'Summer Camp', o programa de conciliación familiar e laboral que o Concello de Oroso desenvolve durante estas vacacións escolares, inauguraron esta mañá unha exposición de escultura creativa no Centro Cultural de Sigüeiro. A mostra permanecerá aberta para todo o público que desexe visitala ata o vindeiro 30 de agosto.


orosoConcentración polo atentado de Barcelona.
O Concello de Oroso condena enérxicamente o atentado cometido na tarde deste xoves en Barcelona e amosa a súa solidaridade cos familiares das víctimas e cos barceloneses así como o desexo da recuperación das persoas feridas.


orosoCamiño Inglés.
O Concello de Oroso valora e apoia a iniciativa da Real Orde de Cabaleiros de María Pita que pretende a declaración do Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade. O alcalde, Manuel Mirás, e varios integrantes da corporación, recibiron este mediodía o grupo de peregrinación desta entidade, que partiu o pasado venres da Coruña e rematará mañá coa chegada a Santiago.


orosoOroso promociona a Festa da Troita.
O Concello de Oroso promocionará este sábado, 12 de agosto, a súa Festa da Troita en Portugal. Será no marco dunha feira de municipios que se celebra no distrito de Coímbra, á que Oroso acode como Concello convidado. Unha delegación municipal, encabezada polo alcalde, Manuel Mirás, asistirá a esta iniciativa.


orosoPrograma ‘Oroso Forma e Emprende’.
A Aula Mentor Educa Oroso iniciará en setembro o novo programa ‘Oroso Forma e Emprende’, orientado a persoas que buscan unha saída profesional mediante o autoemprego. O programa contará cun máximo de vinte participantes e abrirá o prazo para solicitar praza entre o 29 de agosto e o 12 de setembro.


Linea Verde Oroso

Sede Electrónica

Facturación Electrónica

Reservas On-line

Tributos

Boletin Informativo

Memoria Oroso n1

Avisos

>> Convocatoria de selección para a contratación de dous peóns forestais e creación de bolsa de contratación de persoal laboral temporal de peóns para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais..

>> Anuncio das bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades cidadáns 2017. O prazo para realizar as solicitudes remata o 17/08/2017 e deberán presentarse obrigatoriamente a través da sede electrónica.

>> Notificación do procedemento para realizar accesos a fincas.

>> Instruccións de configuración plataforma Notific@.


perfil do contratante

oep2010

Biblioteca

Guía Turística

liña-directa

pxom

educaoroso

aula mentor

guía historia en imaxes

descargas

galeria imaxes

acceso interno