XXIII Festa da Troita.
Estimados veciños e veciñas:
Un ano máis, Oroso convértese no centro de atención durante o mes de maio. A XXIII Festa da Troita é unha cita consolidada no calendario turístico galego e peninsular, que este ano será os días 10, 11 e 12 de maio.
Cúmprense ademais dez anos desde que a nosa gran cita para a gastronomía e a diversión foi declarada Festa de Interese Turístico, un recoñemento que chegou grazas a todos vos. Non é posible que unha celebración acade o prestixio da Festa da Troita se non é pola colaboración veciñal, polo agarimo con que tratades a todos os visitantes que eses días pasan polo noso concello.
Como vén sendo habitual nos últimos anos, máis de 30.000 persoas pasarán polo concello a degustar o manxar dos ríos e a desfrutar do noso patrimonio histórico e paisaxístico. Pero o máis importante será que marchen de Oroso coa sensación de pasar unhas horas nun lugar amigo e acolledor, algo que non sería posible sen a vosa axuda. Grazas.
Oroso é natureza, gastronomía e hospitalidade, o concello dos seis ríos é un lugar de parada no Camiño Inglés a Compostela. Sempre é un bo momento para saborear a troita e pasear polos sendeiros naturais do municipio, pero como ben sabedes a Festa da Troita é moito máis: haberá música de día e de noite, artesanía, cultura, animación de rúa e actividades para todas as idades.
No amplo programa deste ano, hai espazo como sempre para comer, rir, bailar, mercar produtos da zona e pasalo ben. Como non podía ser doutra maneira, as degustacións de troita e o tradicional xantar popular o domingo 12 de maio serán os pratos fortes da festa.
Neste 2019, o pregón correrá a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, que porá o broche fi nal a tres días de gastronomía, deporte, cultura e música coas tradicionais verbenas populares a cargos das mellores orquestras do momento, bandas de música e charangas pola rúa. Tamén haberá atraccións para os máis pequenos e moi bo ambiente.
Como podedes imaxinar, detrás dun evento deste tipo hai moitas horas de traballo e esforzo. Como cada ano, quero lembrarme de todos aqueles e aquelas que colaboran no éxito da Festa da Troita: o persoal do concello, o equipo de goberno, os establecementos de hostalaría, Protección Civil, Garda Civil, músicos invitados, pescadores e expositores.
Xa temos todo preparado e agora só queda pasalo ben. Coa satisfacción do interese que a festa provoca fóra da nosa provincia e de Galicia, só quero incidir no meu agradecemento a todos vós, veciños e veciñas de Oroso, por ser quen de poñer o concello no mapa. Grazas por esta marabillosa Festa da Troita e a desfrutar!
Programa da Festa
- 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
- Orquestra Panorama
- Orquestra Ibiza
Lugar: Alameda de Góis
- 09:00 a 13:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as
- 10:00 a 13:00 horas: Obradoiros infantís
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo - 12:00 horas: Inauguración exposición "Son de Campo Mulleres Rurais e Comercio Local e Postos de Artesanía".
Lugar: Arredores Praza de Isaac Díaz Pardo - 12:00 horas: Charanga os Atrevidos.
- 16:00 a 20:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as.
- 18:00 horas: Asoc. Folklórica Lembranzas do Tambre.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo - 19:30 horas: Asoc. Cultura Néboas do Cumio.
Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo - 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO.
- Orquestra Olympus
- Orquestra Finisterre
Lugar: Alameda de Góis
- 09:30 a 13:30 horas: Campionato de Pesca Infantil.
- 10:30 horas: Pasacalles.
- Charanga Os Celtas - 11:30 a 13:30 horas: Mago Romarís "Ilusións ópticas".
Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo - 12:00: Banda de Música de Arca
Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo - 12:30: Barafunda animación de rúa Troita e pescadores
- 13:00: Pasacalle e baile.
Actuación: A.F. Buxos Verdes
Lugar: Alameda de Góis e arredores - 13:30 horas: Pregón Popular a cargo de Antonio López Díaz, reitor magnífico da USC.
Entrega de premios e trofeos do Campionato de Pesca.
Lugar: Alameda de Góis. - 14:15 horas: Sesión Vermú:
- Orquestra Principal
Lugar: Alameda de Góis. - 14:30 horas: Degustación
Lugar: Carpa da Alameda de Góis. - 19:30 horas: Verbena:
- Orquestra Principal
- Orquestra Gran Parada
Lugar: Alameda de Góis.
En caso de mal tempo as programacións da Praza Isaac Díaz Pardo trasladaranse ao Centro Cultural.
Relación de bares participantes na degustación de troitas.
ANBORE COFFEE BAR | BAR A RUTA | BAR BOQUETE | BAR FALMEGA |
BAR FERNÁNDEZ | BAR GOROS | BAR NOVA XEIRA | BAR O CAMPO |
BAR O CAZADOR | BAR XQ NO? | BAR RINCÓN DE MARÍA | PARRILLADA SEOANE |
BAR TAPAS | CAFÉ BAR ÉBANO | SIGÜEIRO HOSTEL | VINOTECA RAQUEL |
CAFÉ BAR SIGÜ | CAFÉ BAR 1X2 | CAFETERÍA CHE | CAFETERÍA D'VILA |
CAFETERÍA 6 RIOS | CAFET. REST. VDA. DE NOUCHE | CERVECERÍA 1900 | PARRILLADA AS VIÑAS |
MESÓN OS MADEIROS | MESÓN TAMBRE | O CAFÉ DE MANUELA | PARRILLADA CACHOPAL |
PULPERÍA MESÓN AS RÍAS | RESTAURANTE A CANTINA | RESTAURANTE BALASAR | RESTAURANTE CORTÉS |
RESTAURANTE OS MARIÑAOS | RESTAURANTE MIRÁS |
Colaboran:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |