subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso preséntalle á comunidade escolar do municipio unha iniciativa para promover a reciclaxe a través do xogo.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, o concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Castro, e o concelleiro de Ensino, Antonio Leira, presentarán este mércores 1 de outubro a nova campaña de sensibilización para promover a reciclaxe entre os máis novos do municipio. Unha presentación que terá lugar ás 11:45 horas no centro cultural de Sigüeiro e á que acudirán os directores dos distintos centros educativos de Oroso, así como representantes das asociacións de pais e nais. Mirás e Leira aproveitarán para presentar a “Troi”, unha troita que ensinará a reciclar aos nenos e nenas de Oroso a través dun divertido xogo semellante ao da Oca.

Descargar o xogo