subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aviso importante sobre a renovación da demanda de emprego


orosoDende o servizo de emprego comunícan que a partir do día 1 de xaneiro de 2021 a renovación da demanda de emprego non se realizará de xeito autómatico e será obrigatorio facelo dalgún dos seguintes modos.

  1. A través da Oficina virtual do Portal de Emprego de Galicia (https://emprego.xunta.gal)
  2. Desde o teléfono móbil, a través da aplicación MOBEM.
  3. Mediante chamada telefónica ao número 012 ou 981 900 643 indicando o teu DNI e un PIN que deberás coñecer previamente e que che será enviado por correo electrónico. Se non coñeces o teu PIN, pide cita na túa oficina de emprego.
  4. No portal https://emprego.xunta.gal/portal/gl/renovacion-pin empregando o teu DNI e o PIN que deberás coñecer previamente e que che enviaremos por correo electrónico. Se non coñeces o teu PIN, pide cita na túa oficina de emprego.
  5. Nos Puntos de información dos concellos. Podes consultar a súa localización no teléfono 012 ou no Portal de Emprego de Galicia

Se precisas información sobre renovación da demanda de emprego, poderás contactar coa oficina no teléfono:
Teléfonos de información Oficina de Emprego de ORDES
881 96 04 57881 96 04 56881 96 06 95