subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novo fin de semana de éxito para o deporte orosán


orosoO deporte volveu dar alegrías neste fin de semana, onde os protagonistas foron a ximnasia e o golf.

No Campionato Galego Escolar de ximnasia rítmica, celebrado o sábado, o equipo cadete do Club Ximnasia Oroso formado por Andrea, Lorena, Carla e Marta proclamouse campión do Sectorial Norte e subcampión galego.

Onte, disputouse o Campionato Galego Individual de promoción, no que Sabela Baluja foi subcampiona, María Colinas quinta e Zaira Raña novena. A xornada rematou da mellor forma posible, xa que o equipo senior promoción proclamouse campión galego con Zaira, Noa, Xiana, Tania e Clara!

tambre golf Tamén este fin de semana celebrouse o II Torneo de Navidad Concello de Oroso de golf, organizado polo Club Tambre Golf coa colaboración do Concello de Oroso. Éxito de participación con 54 persoas inscritas!

“Rematamos un ano difícil pero o deporte non para, estamos moi orgullosos dos nosos e das nosas deportistas, que levan o nome de Oroso por toda España”, asegura o concelleiro de Deportes, Antonio Leira.

Más de 1.000 persoas de todas as idades practican algún tipo de deporte no concello. A práctica deportiva e os hábitos de vida saudables son dúas prioridades para o grupo de goberno de Oroso.