subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A cafetería “Os 6 Ríos” gaña o VII Concurso de Tapas de Oroso, no que se degustaron case 4.500 tapas, un 50% máis ca en 2015.


A concelleira de Turismo, Vanesa Boo, destaca a consolidación do concurso pois “a pesar de que o tempo non acompañou, rexistramos a maior participación destes 7 anos e triplicáronse as consumicións nos locais participantes”.

orosoA cafetería “Os 6 Ríos” e a súa tapa “O segredo dos 6 ríos” gañaron o primeiro premio da sétima edición do Concurso de Tapas do Concello de Oroso, durante o que se degustaron unhas 4.500 tapas, o que representa un récord no certame e un 50,3% máis ca na edición anterior. A cafetería “Os 6 Ríos”, que debutaba neste concurso, conseguiu 524 votos, superando en 41 sufraxios ao segundo clasificado e sucedendo así ao Café Bar Manuela, vencedor da edición de 2015.

O premio de 300 euros e diploma acreditativo seralle entregado durante un acto que terá lugar proximamente e que estará presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás. O Bar Tapas foi o segundo clasificado, pois as súas “Milfollas de tenreira” recibiron 483 votos por parte do público que votou no concurso. Recibirá un premio de 200 euros e diploma conmemorativo. Completa o podio, cun premio de 100 euros e diploma conmemorativo, outro debutante: o Sigu Café, cuxa “Tosta de lombo” recibiu 393 votos.

Tamén é moi destacable cal foi o cuarto local máis votado este ano: Parrillada As Viñas (Trasmonte), que se converte no local de fóra de Sigüeiro que máis votos obtivo nas sete edicións deste certame, quedando a tan só 21 votos de entrar no podio. Completan o “top ten” do concurso: Tapería O Martán (347 votos), O Café de Manuela (314 votos), Sigüeiro Hostel, (300 votos), Restaurante Cortés e Anboré Coffee Bar (ambos con 253 votos) e Adega O Ribeiro (gañador das tres primeiras edicións, con 250 votos).

Máis de 4.437 consumicións

Este ano participaron no sorteo 740 persoas (280 máis ca en 2015) polo que, só contabilizando os selos emitidos para o concurso, no VII Concurso de Tapas do Concello de Oroso degustáronse un total de 4.437 consumicións, ás que habería que engadir as numerosas tapas que tomaron as persoas que non se presentaron ao concurso. Unhas cifras que fan que a concelleira de Turismo de Oroso, Vanesa Boo, considere que “o concurso está consolidado, pois a pesar de que o tempo non acompañou, rexistramos a maior participación destes sete anos e as consumicións nos locais participantes triplicáronse fronte á primeira edición”.

Estas 4.437 consumicións supoñen superar nun 50,3% as degustadas o ano anterior, o que dá testemuño da grande acollida que tivo esta edición, que mesmo obrigou ao Concello de Oroso a repartir unha edición especial de boletíns de votacións durante a segunda fin de semana do concurso. “O obxecto do concurso era conseguir un maior número de visitantes e dinamizar a nosa hostalería, promovendo a gastronomía local. Penso que as cifras demostran que se cumpriu de sobra”, apunta Vanesa Boo.

Premios para a clientela

Despois do reconto dos votos emitidos, o Concello de Oroso procedeu ao sorteo dos premios dirixidos ás persoas que votaron no VII Concurso de Tapa en Tapa de Oroso. Os gañadores e gañadoras son os seguintes:

? Tableta. Gloria Rodeiro Miguel
? Bono para unha estancia nas Cabanas do Barranco (Outes): Manuela Caeiro Romero
? Vale de compra de 100 euros no supermercado Familia: Isabel Míguez
? Vale de compra de 50 euros no supermercado Familia: Jesús Franqueira Vázquez
? Vale de compra de 100 euros no supermercado Viuda de Nouché: Mónica Souto Blanco
? Vale de compra de 50 euros no supermercado Viuda de Nouché: Juan Manuel Iglesias Casas
? Lotes dunha botella e dúas copas de vermú Petroni: Antonio Matías Míguez, Carlos Mirás Ruanova e Pablo Vieites Regueiro
? Par de zocos cortesía do comercio Zoclos: José Luís García
? Vale de compra de 100 euros nos comercios colaboradores: Miguel Ángel Mato Ríos
? Vale de compra de 80 euros nos comercios colaboradores: Teresa Cabello Bermejo
? Vale de compra de 60 euros nos comercios colaboradores: María Guadalupe Castelo García
? Vale de compra de 60 euros nos comercios colaboradores: Dolores Viqueira Varela