subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Día da Muller en Oroso


orosoDentro das actividades que O Concello de Oroso realizará para festexar o 8 de Marzo, 'Día Internacional da Muller', e a 'Recuperación da memoria histórica', queremos convocar a toda a veciñanza ao acto de homenaxe que levaremos a cabo para honrar a figura da nosa veciña Isolina Nouche Costa (1920-2016), que terá lugar o vindeiro domingo ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Oroso.

O programa do devandito acto é o seguinte:

12:00 - Benvida por Isabel Ferna?ndez - Concelleira de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Normalización Lingüística

12:15 - Discurso de Luis Rey - Alcalde do Concello de Oroso

12:30 - Discurso de Aurora Marco - Historiadora

13:00 - Pecha o acto a familia de Isolina Nouche.