subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade.


orosoDende o Concello de Oroso queremos felicitar a Sigüeiro Solidario pola campaña de recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade na que acadaron un total de 1.008Kg.

Tamén lles queremos dar o noso agradecemento por ter doado esta recolleita á Concellería de Benestar Social e poder repartir todos estes alimentos entre a nosa veciñanza máis necesitada.

Agradecerlles igualmente a todos os comercios e entidades colaboradoras por prestar desinteresadamente o seu espazo e o seu tempo. Grazas á Despensa de Sonia, Café Restaurante Mirás, Peixería Insua, Sigüeiro Hostel, Zoclos, Carnicería Leopaldo, Bar Tapas, CrossPadel Sigüeiro, Supermercados Coviran, Agrícola Rayma, Petiscos Doces, Kiosco Ruliña e Anbore Coffee-Bar.