subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reunión coas ANPAS do Concello


orosoNa tarde do 17 de agosto, a concelleira de Muller, Ensino e Benestar Social, Isabel Fernández Gallego, reuniuse con todas as asociacións de nais e pais de alumnos dos centros educativos de Oroso para comentarlles as medidas que o Concello ten previsto tomar de cara ao vindeiro curso escolar.

En primeiro lugar a concelleira lembroulles que as competencias relativas ao protocolo do Covid-19 que o Concello ten redúcense ao mantemento e limpeza dos centros e, nese sentido, preténdese asignar unha persoa de limpeza para cada escola. Por outra banda, o Concello tamén é responsable do servizo do comedor do CEIPP do Camiño Inglés onde se observarán as medidas de aforo e distanciamento esixidas polo citado protocolo.

Ademais o servizo de conciliación familiar “Bos días cole” para madrugadores seguirase ofertando, pero modificando ou ampliando o número de espazos para poder cumprir coa normativa vixente.

En canto á posibilidade da realización de actividades extraescolares nos centros, o Concello queda á espera do que indiquen as direccións dos centros así como as ANPAS, coas que estará en todo momento en contacto e á súa disposición para o que precisen.

Por último a concelleira, Isabel Fernández Gallego, non quixo deixar a ocasión para manifestar a súa absoluta falta de acordo co protocolo previsto pola Xunta de Galicia, onde se manifesta unha gran irresponsabilidade diminuír a ratio do alumnado por aula e ao esquecer completamente a atención á diversidade... A saúde das nosas fillas e fillos debe ser prioritaria.