subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actualización medidas COVID 19


orosoO camión quitaneves do Ministerio de Transportes estivo de novo en Oroso nas últimas horas, nesta ocasión para nebulizar cunha solución de auga con hipoclorito sódico viais e camiños das parroquias do municipio.

O concello xa repartiu 13.000 mascarillas ao rematar a terceira quenda de entrega (unha primeira entre as persoas maiores o os colectivos vulnerables e dúas en todos os fogares).

Se algún veciño ou veciña non as recibiu, pode chamar para pedilas aos teléfonos 667 830 171, 629 810 399 ou 616 527 567.

O Concello porá en marcha o luns, día 4, un plan especial de apoio ao pequeno comercio, facilitándolles material de protección e hixiene para a súa reapertura.

Queremos darlle as grazas a JIM Sport pola doazón de 100 pantallas, que destinaremos aos profesionais que abran de novo os seus negocios nas próximas datas.

Aínda que a evolución da pandemia en Oroso é boa, o concello fai unha chamada á responsabilidade para respectar as medidas e recomendacións que anuncien as autoridades políticas e sanitarias.

Temos que evitar entre tod@s un repunte de casos!

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POLO VOSO COMPORTAMENTO!
ÁNIMO!