subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Programa Preescolar na Casa.


Curso 2010/2011.

Estimada familia:

Un ano máis, o programa Preescolar na Casa. Educar en Familia, comeza o curso en colaboración co Concello de Oroso.

É un programa sen custo algún, dirixido ás familias que, coma vos, teñen nenos e nenas de idades comprendidas entre os cero e os 3 anos. Querémosvos acompañar na vosa labor de educadores e axudarvos a resolver calquera dúbida que se vos presente na crianza dos vosos fillos e fillas.

Tanto se o voso fillo ou filla asisten á gardería como se non, podedes participar xa que é un programa de Formación de Pais. Xuntámonos cada 15 días e nestas reunións é vital a vosa presencia. Alí compartiremos dúbidas e experiencias coas demais familias, facendo actividades axeitadas a cada idade nas que podades xogar relaxadamente cos vosos fillos e fillas.

Querémosvos convidar a asistir á reunión de presentación que terá lugar
Se desexades máis información ou non podedes asistir ese día podedes chamar os Servizos Sociais do concello 981688950 ou a orientadora do Programa 627 542 532.

  • LUNS, 27 de setembro, as 18.00, presentación no Local Social de A Gándara.
  • MARTES, 28 de setembro, as 11.00 horas, presentación no Local Social de Senra.
  • MARTES, 28 de setembro, as 12.00 horas, presentación en Sigüeiro, no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.
  • XOVES, 30 de setembro, as 12.30 horas, presentación no Local Social de Deixebre.

Se desexades máis información ou non podedes asistir ese día podedes chamar os Servicios Sociais do concello 981688950 ou a orientadora do Programa 627 542 532.

Sen máis despedímonos agardando vervos pronto. Un saúdo:

MANUEL MIRÁS FRANQUEIRA