subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Campamento Xuvenil: Parque Natural de Outeiro de Cela - Muiños (Ourense)


O campamento xuvenil de verán está destinado a nenos e nenas de 8 a 14 anos de idade, e terá lugar no Complexo Turístico deportivo O Corgo, no parque natural de Outeiro de Cela, concello de Muíños, na provincia de Ourense o 18 ata o 24 de xullo.
Durante o campamento levaranse a cabo actividades como: acceso a zona de piscina 1 día, actividade de piragüismo, excursión ó parque natural Serra do Xurés, taller medioambiental, gyncana Gladiator, actividades de ocio e tempo libre (estas actividades poden sufrir modificacións en función das condicións metereolóxicas e da propia organización do campamento).
Os prezos inclúen todo:

  • desprazamento ata o campamento
  • actividades
  • aloxamento e manutención

As prazas son limitadas (40) e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello.

Prazo de inscrición:
ata o 8 de xullo.

PREZO

  • 140 €

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
A formalización das solicitudes farase no Rexistro do Concello de Oroso (presencial ou telemáticamente). Unha vez rematado o prazo de presentación da documentación, realízarase un sorteo público no caso de que as solicitudes superen as 40 prazas dispoñibles. O sorteo será o luns 11 de xullo, os seleccionados terán de prazo ata o 15 de xullo para realizar o pago telemático.
A documentación que se debe presentar é a seguinte:

  • Solicitude de Inscrición
  • Anexo 1
  • Autorización de reportaxes de imaxe e son (Anexo 2)
  • Autorización recollida por outras persoas, se procede (Anexo 3)
  • Fotografía tamaño carné
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Informe ou certificado médico se fose o caso de padecer algunha enfermidade, minusvalía, intolerancia ou alerxia ou tomar algún medicamento
  • Xustificante de pago (tributos on line) únicamente realizarán o pago unha vez confirmada a praza