subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Días verdes de Oroso.


orosoEsta iniciativa pretende concienciar aos cidadáns da necesidade de preservar a Natureza cun cambio de actidude que propicie un encontro máis respectuoso co noso Medio Ambiente.
Na actualidade ao longo do noso municipio podemos encontrar numerosas zonas que tranquilamente poderían levar o nome de "vertedoiros incontrolados" e que dende o Concello e xunto con voluntarios e voluntarias queremos erradicar totalmente lanzando estas xornadas de recollida de lixo ao longo de todo o municipio.

Aqueles veciños e veciñas que desexen colaborar na limpeza e recollida de lixo poderá facelo inscribíndose na casa do Concello ou ben por teléfono 981 691 478. A iniciativa contará coa participación dos alumnos e alumnas do IES de Oroso e do CEIP de Oroso.

Programa

09:15 horas - Recollida do alumnado
09:45 horas - Proxección dun video e breve charla
10:30 horas - Distribución dos grupos e traslado aos lugares indicados
13:15 horas - Traslado dos alumnos/as ao IES