subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

EducaOroso comeza a matriculación para as actividades formativas da Aula Mentor


Máis de 200 cursos de formación en liña accesible para todos, con matrícula aberta e co apoio dun titor en permanente contacto co alumno

orosoDende EducaOroso informamos da apertura de prazos de matriculación para as actividades formativas da Aula Mentor. Con máis de 200 cursos de formación en liña accesible para todos, matrícula aberta e co apoio dun titor en permanente contacto co alumno.

Características da formación da Aula Mentor:

Flexible para todos: O alumno determinará horario e lugar onde realizar o curso; dende a súa casa ou acudindo á aula.
Variada: Existe unha ampla oferta formativa atendendo a todo tipo de necesidades e especialidades: coa opción de elixir entre cursos en aberto (gratuítos) e cursos titorizados.
Certificación: Ao finalizar o curso o alumno recibirá unha certificación outorgada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Apoio constante do titor: O titor comprométese a contestar antes de 48 horas ás consultas dos alumnos. Con excepción de fins de semana, festivos e o mes de agosto.
A Aula Mentor EducaOroso está equipada cos elementos necesarios para realizar un curso Mentor (ordenadores, conexión a Internet, materiais, programas informáticos...) e conta co asesoramento dun profesor administrador (persoa responsable do funcionamento da aula).

Que é Aula Mentor

Aula Mentor é un programa de formación en liña, flexible e con tutorización personalizada, dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos cun extenso catálogo de cursos cos que ampliar as súas competencias persoais e profesionais que lles permitan reforzar as posibilidades de empregabilidade.

O Programa Aula Mentor conta cunha oferta de cursos referenciados ao Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais polo que existe a posibilidade de acumular e capitalizar aprendizaxes que son susceptibles de recoñecemento na educación regrada a través dos Procedementos de Avaliación e Acreditación de Competencias.

Todos os cursos do Programa Aula Mentor contan cun acompañamento e titoría telemática personalizada, ademais do apoio presencial que prestan os administradores de cada unha das aulas.

A oferta de cursos de Aula Mentor está formada por máis de 200 cursos tanto para a mellora das competencias básicas e a promoción da aprendizaxe ao longo da vida como Cursos referenciados ao Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Todos estes cursos están organizados en áreas formativas e profesionais. Catálogo de cursos: http://www.aulamentor.es/

Aproveita para realizar un curso na Aula Mentor EducaOroso, o primeiro paso a seguir é contactar coa aula a través do seguinte formulario onde poderás resolver todas as dúbidas que poidas ter: https://www.concellooroso.com/edu/educaoroso/contactar.htm

Tamén podes contactar a través correo electrónico oroso@aulamentor.es e solicitar a matrícula do curso, así como calquera outro tipo de consulta operativa de desenvolvemento do programa.

Se xa es alumno e tes calquera dúbida, contacta tamén coa aula a través do correo electrónico para que che poida axudar.


Indicamos de maneira sinxela os pasos para seguir para poder inscribirse nos nosos cursos de formación a distancia Aula Mentor:

1. Elixe o teu curso: accede ao noso menú de Cursos, onde atoparás máis de 200 clasificados por áreas formativas: http://www.aulamentor.es/

2. Contacta coa Aula de Formación EducaOroso: Lembra que nestes momentos debido ao estado de alarma, as aula permanecerá pechada pero podes entrar na seguinte URL para solicitar a túa matrícula: https://www.concellooroso.com/edu/mentor/matricula.htm

3. Matricúlate: consulta co administrador o funcionamento do curso a través do seguinte formulario: https://www.concellooroso.com/edu/educaoroso/contactar.htm.
A nivel xeral a información relacionada con este aspecto poderala atopar no menú Matrícula da nosa web.

4. Custo dos cursos: actualmente o prezo do curso é de 24€ mensuais, sendo a matrícula inicial de dous meses (salvo nos cursos con certificación de 30 horas cuxa matrícula inicial é dun mes). Posteriormente poderás proseguir o cursos destinando máis tempo mediante recargas mensuais de 24€.

5. Duración dos cursos: os cursos realízanse a distancia, tendo un tempo de duración flexible dependendo do que dedique cada estudante ao mesmo.

6. Exame e validez oficial: tras superar o exame presencial, obtense un certificado de aproveitamento emitido polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.


Mais información:

Aula Mentor EducaOroso
Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro
15888 – Oroso
A Coruña
Correo: oroso@aulamentor.es


PREGUNTAS FRECUENTES AULA MENTOR

1. ¿Cando podo matricularme?
A matrícula está permanentemente aberta e pode realizarse calquera día do ano agás o mes de agosto e o período de nadal, nos horarios que especifique a Aula Mentor EducaOroso.

2. ¿O curso ten unha duración determinada?
Non. Aula Mentor permítelle ao alumno marcar o seu propio ritmo de traballo, de maneira que cada un se distribúe o tempo dedicado ao curso segundo as súas posibilidades.

3. ¿Debemos estar sempre conectados a Internet para seguir o curso?
Non sempre. Moitas actividades poden realizarse sen estar conectado: consulta de materiais descargados, redacción de mensaxes ao titor, lectura de mensaxes descargadas; non obstante, si existen outras actividades nas que se precisa a conexión a Internet: acceso á mesa de traballo, avaliacións en liña, a entrada a foros e taboleiros, participación nos taboleiros e lectura de intervencións, envío e recepción de mensaxes e ficheiros, etc.

4. ¿E se non dispoño de Internet ou ordenador no meu domicilio ou nunca naveguei por Internet?
A Aula Mentor EducaOroso asegura poder dispoñer dun equipo conectado a Internet e, o máis importante, o asesoramento e a axuda do profesor administrador da aula nas primeiras comunicacións a través de Internet.

5. ¿Estudarei só?
Tanto de forma presencial como a distancia, o alumno ou alumna Mentor relacionarase coas persoas que participan, dalgún xeito, na súa formación. Por unha parte, na Aula Mentor, conta co apoio do administrador que o informa, asesora e apoia no manexo de equipos e da comunicación telemática; por outra, e a distancia, o alumno terá asignado un titor ou unha titora que lle resolverá as súas dúbidas, avaliará e seguirá o seu proceso de aprendizaxe.

Ao mesmo tempo, terá a posibilidade de contactar co resto dos seus compañeiros e compañeiras de curso a través dos distintos medios de comunicación telemática.

6. ¿O prezo da matrícula inclúe os materiais didácticos?
Todas as persoas matriculadas teñen acceso aos recursos formativos en liña. Polo tanto, os materiais pódense descargar para dispoñer deles sen necesidade de estar conectado a Internet. En todo caso, o administrador da aula é o encargado de facilitar e completar esta información.

7. ¿Necesito un ordenador con conexión a Internet e o programa do curso?
Toda persoa que decida estudar no seu domicilio necesitará un ordenador con conexión a Internet e a aplicación informática correspondente ao curso. No caso de acudir á aula, alí disporá de todo o necesario.

8. ¿Quen é o titor?
O titor é unha persoa especializada nos contidos do seu curso, con experiencia docente e con dominio das aplicacións telemáticas a través de Internet. O seu labor titorial consiste en apoiar, avaliar e facer un seguimento individualizado do proceso de aprendizaxe dos seus alumnos e alumnas. Tamén fomentará as interaccións entre as persoas matriculadas no curso para crear unha dinámica de aula.

9. ¿Cando recibirei a resposta do titor?
O titor ou a titora atende a titoría diariamente de forma que o alumnado obterá as respostas ás súas consultas nun prazo non superior a 48 horas (sen contar fins de semana, festivos e o mes de agosto).

10. ¿Un pódese matricular en máis dun curso á vez?
Segundo as necesidades de formación, a persoa interesada pode organizar un itinerario formativo: o seu curso que integrará distintos módulos (cursos). Despois, poderá optar por matricularse dos módulos simultaneamente ou dun nun. Só existe, como límite, a dispoñibilidade da aula e de titores.

11. ¿Que é unha Aula Mentor?
Unha Aula Mentor pode definirse como un centro de recursos equipado con ordenadores, conexión a Internet, programas informáticos, materiais e asesoramento dun administrador, para toda persoa matriculada nun curso. Non obstante, o horario de asistencia á aula terá que establecerse en función da dispoñibilidade da aula.

12. ¿Quen é o administrador ?
É a persoa responsable do funcionamento da aula, do asesoramento e da matriculación dos alumnos e as alumnas nos distintos cursos. Tamén apoia o manexo dos equipos e conexións telemáticas. En canto á orientación sobre o curso, o seu labor é o de facilitar a aprendizaxe e apoiar a comunicación co titor.

13. ¿Cando se fai a proba final?
Para obter o certificado, o alumnado deberá superar unha proba final que se desenvolverá na aula. Á devandita proba poderase acceder co visto e prace do titor en calquera das cinco convocatorias programadas no ano. Coa matrícula tense dereito a dúas convocatorias.

14. ¿Que é a mesa de traballo?
É o ámbito virtual de estudo dende onde se accede aos materiais de formación, exercicios, ao grupo de noticias do curso e onde se desenvolve a titoría telemática. En canto ao seu formato componse dunha serie de botóns que posibilitan a formación en liña e a interacción entre alumnos e titores do curso.

Esta estrutura mantense constante en todos os cursos, de maneira que se facilite o seu uso a aqueles alumnos que xa coñezan este sistema. Na propia mesa explícase o funcionamento dos botóns.

15. ¿Expídese algún tipo de certificación ao rematar o curso?
Si. Tras superar a proba final, xestionarase o certificado de aproveitamento, onde irán consignados os contidos do curso e as horas estimadas. O devandito certificado estará asinado polo Ministerio de Educación e Ciencia e a Consellaría de Educación.


ENLACES DE INTERÉS AULA MENTOR
1. Páxina oficial do proxecto

2. Matriculación e taxas

3. Catálogo de cursos

4. Funcionamento Aula Mentor

5. Acreditación de Competencias Profesionais
https://www.todofp.es/acreditacion-de-competencias.html
https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita