subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso convoca o Carnival Camp, unha iniciativa de conciliación para nenos/as de 3 a 12 anos que terá lugar o 12 e 14 de febreiro.


 

Tras o éxito acadado nos seus dous primeiros anos, o Concello de Oroso convoca unha nova edición do Carnival Camp, un programa de conciliación familiar para as vacacións escolares do Entroido. Unha iniciativa que inclúe xogos, clases de música, obradoiros e actividades en inglés.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e terá lugar os días 12 e 14 de febreiro nas instalacións do CEIPP do Camiño Inglés, cun horario e uns prezos que se adaptan ás necesidades das familias. Inicialmente, o Concello de Oroso ofrece os mesmos horarios e prezos dos dous últimos anos: de 9:00 a 14:00 horas, por un prezo de 12 euros; e de 7:30 a 15:30 horas, por un prezo de 16 euros. Ademais, as familias poderán escoller o horario que mellor se adapte ás súas necesidades entre as 7:30 e as 15:30. O prezo adaptarase ao tempo que se precise.

A maiores, as familias poderán contratar servizos adicionais como almorzo (2 euros), xantar (5 euros) e merenda (3 euros). As familias interesadas en participar deberán anotarse no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (981 690 903) ou na Escuela ConTalento (881 981 905 ou oroso@escuelacontalento.es).
Maís info aquí.