subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Jorge del Oro Aragunde presentará este venres en Sigüeiro o seu libro “Fresas para Kalíope”


 

O centro cultural de Sigüeiro acollerá este venres 20 de outubro, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Fresas para Kalíope”, obra de Jorge del Oro Aragunde. O autor estará acompañado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Cultura, Luís Rey. A entrada é libre e de balde.

“Fresas para Kalíope” é unha recompilación de 25 contos curtos, ilustrados a cor, que versan sobre o labor de construír historias. O seu fío condutor é o Tempo, na faceta do primixenio Khronos. Relato a relato vaise construíndo o imaxinario do escritor enfrontado á súa tarefa, coas súas inseguridades, medos e lembranzas. Pola súa banda, Kalíope representa o anhelo de contar historias e facelas perdurar. Mais só o Tempo poderá decir cando remata a tarefa.

Nado en maio de 1975, Jorge del Oro Aragunde é licenciado en Bioloxía Molecular pero con fondas inquedanzas artísticas, onde se dedica principalmente á literatura e á ilustración. “Fresas para Kalíope” é o seu segundo libro publicado, logo da primeira entrega da súa novela “Nana para dormir a un lobo” e pequenas colaboracións en antoloxías de relato curto e prensa.