subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Escola de Música José Verea de Oroso abre este mércores o período de novas matrículas para o curso 2017/2018.


 

A Escola de Música José Verea, do Concello de Oroso, abre dende hoxe mércores o período de novas matrículas para o curso 2017/2018. Un prazo que estará aberto ata o 8 de setembro, ou ata completar prazas, no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Os prezos da matrícula oscilan entre os 70 euros, para persoas empadroadas, e os 98 euros para non empadroados, tendo preferencia en todo caso os veciños e veciñas empadroadas no municipio. Os prezos mensuais para persoas empadroadas serán de 30 euros por instrumento (frauta, guitarra, baixo eléctrico, piano, saxofón, violín, canto e batería) e 20 euros por linguaxe musical ou música e movemento (segundo a idade do alumnado). O Concello de Oroso establece descontos para familias numerosas e para aquelas familias con dous ou máis irmáns inscritos na actividade.