subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso anuncia que no San Xoán 2021 non estarán permitidas as cacharelas ou sardiñadas en terreos públicos, soamente será posible en terreos privados


orosoO alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, publicou hoxe un bando para anunciar á veciñanza de Oroso as normas que se deberán cumprir para a realización de cacharelas na noite de San Xoán (23 de xuño de 2021).

NORMAS BÁSICAS:

  1. Con motivo da propagación da pandemia da COVID-19, non están permitidas as cacharelas ou sardiñadas en terreos públicos. Soamente será posible realizar cacharelas en terreos privados.
  2. As persoas que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada nesta data nun terreo privado presentarán a solicitude correspondente por algunha das seguintes vías, antes do día 22 de xuño do 2021, ás 14.00 horas:

    -Email: Enviando un correo electrónico, co modelo de solicitude ao enderezo: info@oroso.gal

    -Rexistro telemático, a través da sede electrónica do Concello de Oroso. https://sede.oroso.gal

    -Rexistro Xeral do Concello.
  3. O número máximo de persoas que se poidan reunir en grupo para a celebración desta festividade (en exterior e interior) axustarase ao disposto na normativa vixente reguladora da situación de emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID en data 23 de xuño de 2021, así como das demais recomendacións establecidas polas autoridades sanitarias competentes.
  4. Os organizadores deberán coidar os arredores e coñecer os seguintes números de teléfono:
    POLICÍA LOCAL: 981691680
    PROTECCIÓN CIVIL DE OROSO: 698169443
    EMERXENCIAS:112
  5. Zona urbana.- O volume de combustible da cacharela non excederá os 2 metros de diámetro, e 6 metros de perímetro, nin os 3 de altura.
    Zona rural.- O volume do combustible da cacharela non excederá os 3 metros de diámetro, ou 9 metros de perímetro, nin os 3 metros de altura.
  6. A separación entre as cacharelas e os edificios e árbores será como mínimo de 20 metros. Poñerase especial coidado de non situalas debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables nin vehículos.
  7. Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico.
  8. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprais), aínda que estean baleiros.
  9. A fogueira permanecerá vixiada polas persoas responsables ata a súa total extinción, que deberá ser asegurada empapando os restos con auga, e asegurándose de que as cinzas queden totalmente apagadas. No caso de que se levante o vento, e poida dificultarse a vixiancia e extinción da fogueira, esta deberá suspenderse.
  10. Unha vez as persoas interesadas presenten a solicitude, o Concello de Oroso enviará unha mensaxe confirmando a recepción da mesma, que será suficiente para levar a cabo o evento.
  11. O cumprimento das normas respecto ás cacharelas será comprobado pola Policía Local e /ou corpos e forzas de seguridade.
Agradecemos a colaboración da veciñanza para o bo desenvolvemento da festa da noite de San Xoan.

Acceder ao bando