Santiago Martínez, veciño de Oroso, premiado pola súa dedicación á conservación do patrimonio galego
O Concello de Oroso quere felicitar ao noso veciño Santiago Martínez, que foi distinguido co ‘Premio das Artes da Construción’ na categoría de traballos do metal e do vidro polo seu labor na restauración da Catedral de Santiago, con intervencións no cimborrio, na porta santa, na fachada do Obradoiro, na Torre go Reloxo e no botafumeiro, entre outras.
Tamén destacan as súas contribucións para a conservación do centro histórico de Santiago, e de monumentos galegos como a Catedral de Tui, o monasterio de San Martín Pinario, o Hostal dos Reis Católicos ou a Colexiata de Santa María de Sar.
Ademais, co fin de contribuír á continuidade dos oficios tradicionais, o xurado seleccionou a Santiago Martínez para a 'Beca Donald Gray de las Artes de la Construcción', dotada con 14.000 euros adicionais para a formación dun aprendiz. O aprendiz recibirá unha axuda de 12.000 euros durante a súa formación.
A pegada do labor de Santiago Martínez tamén a podemos apreciar nas nosas rúas, xa que obra del é a estatua de homenaxe á muller labrega en Sigüeiro, na que se representa a unha muller apoiada na súa ferramenta de traballo no campo.