subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O alcalde de Oroso promociona en Fitur o patrimonio natural do Concello.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, estivo en Fitur Madrid, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo, para promocionar o potencial turístico do municipio e o seu patrimonio natural.

Mirás mantivo varias reunións, entre elas unha coa Fundación dos Ferrocarriles Españoles para falar do proxecto da Vía Verde de Compostela–Tambre–Lengüelle. Irá sobre o trazado do ferrocarril entre A Sionlla e Cerceda, que quedou en desuso, no tramo comprendido entre Compostela, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda.

O alcalde estivo tamén nos actos do Día de Galicia en Fitur e mantivo outros encontros de traballo con operadores turísticos e diferentes administracións. “Cada ano son máis as entidades e persoas interesadas polos atractivos paisaxísticos, patrimoniais e culturales que temos en Oroso”, asegura Mirás.

“Temos un concello que hoxe en día está no mapa turístico pola súa gastronomía e a natureza”, engade o alcalde, Manuel Mirás. Ademais, Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés.

O grupo de goberno está desde hai anos moi activo en todo o referente ás peregrinacións, ata o extremo de abrir o único centro de mundo adicado ao estudo dese sendeiro medieval que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).