O Concello de Oroso instala paneis informativos na Fonte da Santiña e o Lavadorio de Dolores
O Concello de Oroso instalou dous paneis informativos na Fonte da Santiña e o Lavadoiro de Dolores.
Tras a rehabilitación de ambos espazos, o concello instala estes paneis para informar da súa historia a veciños e peregrinos.
A Fonte da Santiña é un lugar moi especial para os veciños de Deixebre e o Lavadoiro de Dolores chámase así en lembranza da súa última propietaria.
“Cada vez son más os veciños e veciñas de Oroso que utilizan o tramo do Camiño Inglés para pasear a diario, o que para nós é unha satisfacción, e queremos con estes paneis contribuír a manter vivos estes espazos”, explica o alcalde, Luis Rey Villaverde
Para o concelleiro de Turismo, Antonio Leira, “o noso entorno natural e o Camiño Inglés son dous atractivos de Oroso, que teñen que desfrutar en primeiro lugar os nosos veciños e tamén todos os que nos visitan”.
As tarefas de acondicionamento nos espazos naturais e o patrimonio de Oroso continuarán nas próximas datas, con proxectos como a recuperación da mina das Grobias e a posta en valor do castro de Villalbarro.