subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Ricardo Buba gaña o V Memorial Fernando Abad


orosoRicardo Buba gañou esta mañá o V Memorial Fernando Abad de ciclismo de Oroso, así como o premio das Metas Volantes.

En categoría junior, o gañador foi tamén Ricardo Buba; Javier Freire gañou na categoría Master 30; Francisco Javier Iglesias en Master 40, Manuel Vázquez en Máster 50, e Manuel Prieto en Master 60. A clasificación por equipos foi para Lasal Cociñas-Louriña

A participación foi un éxito, con 165 ciclistas de diferentes equipos, nunha proba que unha vez máis celebrouse na memoria do que fora presidente do Tambre Bike, Fernando Abad.

Os ciclistas percorreron 80 quilómetros a unha media superior aos 40 quilómetros por hora. Deron dúas voltas e pasaron polos concellos de Ordes, Trazo, Tordoia e Oroso.

O alcalde do Concello de Oroso, Luis Rey Villaverde, e o concelleiro de Deportes, Antonio Leira, destacaron “o bo ambiente e a calidade dunha proba que se consolida e serve para homenaxear a unha gran persoa, Fernando Abad”.