subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso impulsa o seu primeiro horto urbano municipal con 22 parcelas para o seu cultivo por parte dos veciños


orosoO Concello de Oroso xa dispón de seu primeiro horto urbano municipal, cun total de 22 parcelas que serán cultivadas de forma gratuíta polos veciños e veciñas.

O horto está en Porto Avieira e será xestionado por unha asociación, polo que os veciños do concello interesados en encargarse dalgunha das parcelas deben chamar ao número de teléfono 657 292 699 para coñecer as normas de funcionamento e como facer as solicitudes.

Haberá un técnico que asesorará aos adxudicatarios sobre técnicas de cultivo, abonos e todos aqueles aspectos necesarios. O horto conta cunha caseta para gardar material e cun sistema de rego natural.

“Damos resposta a unha demanda veciñal con este horto, un novo servizo municipal para impulsar a horticultura e a alimentación saudable”, explica Antonio Leira, concelleiro de Promoción Económica.

Os hortos captaron moito interese por parte dos veciños, nunha experiencia piloto que servirá ao concello para estudar iniciativas similares noutras zonas de Oroso.