subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sasha Malov, xogador do Oroso TM, na élite do tenis de mesa mundial!


orosoDurante os últimos 7 días, Sasha Malov estivo disputando as probas do Circuíto Mundial World Table Tennis en Spa (Bélxica) e Metz (Francia) representando a España.

Esta era a súa primeira participación en eventos deste tipo, disputando en ambos a proba sub11, contra xogadores ata un ano maiores que el.

Desde o seu club cualifican a experiencia como “moi positiva” xa que Sasha “demostrou estar ao nivel dos mellores xogadores da clasificación mundial, impoñéndose mesmo ao actual número 2 do mundo”.

Os resultados de Francia e Bélxica permitíronlle clasificarse, por primeira vez na historia para un deportista de Oroso, nos primeiros postos da clasificación mundial da súa categoría.

"Un novo éxito do deporte orosán, estamos moi contentos por Sasha e polo traballo do club, polo que queremos transmitirlles a nosa noraboa", asegura Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.