subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso ten un papel protagonista en FITUR polo seu papel no impulso da Vía Verde Santiago-Cerceda e na revitacización do Camiño Inglés


orosoO Concello de Oroso tivo un papel protagonista na edición do 2022 de Fitur, unha das feiras máis prestixiosas do mundo dentro do sector turístico.

Na actual situación de pandemia, os destinos de natureza son moi demandados, polo que os touroperadores valoran a aposta de concellos como Oroso pola contorna natural e as actividades ao aire libre.

Antonio Leira, concelleiro de Promoción Economica de Oroso, mantivo unha reunión con Maximiliano Cuevas Díaz, xefe de Proxectos Técnicos da Fundación de Ferrocarriles Españoles, moi interesado no papel do Concello de Oroso para impulsar a Vía Verde que unirá Santiago de Compostela con Cerceda.

De feito, o concello manterá o próximo 8 de febreiro unha reunión co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, e co presidente da Fundación de los Ferrocarriles Españoles, Isaías Táboas, para falar desta iniciativa, que será un novo revitalizador para a economía local ao combinar deporte e natureza.

Leira recolleu tamén en Fitur un premio á Asociación de Concellos do Camiño Inglés polo auxe desta ruta, un proceso no que o papel do Concello de Oroso foi tamén fundamental.

“Atopamos moita receptividade aos proxectos impulsados por Oroso, recollendo o taballo de moitos anos para que o noso concello esté no mapa turístico español”, engade Leira.

Por último, o concelleiro orosán asistiu esta tarde á presentación en Fitur da Mancomunidade Terras de Ordes como xeodestino turístico.