subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Recepción á asociación Troitamundos no Concello de Pontedeume despois dunha etapa do Camiño Inglés


orosoAs familias da Asociación Cultural Troitamundos que participan no 'Camiño Inglés por etapas' chegaron onte ao Concello de Pontedeume, onde foron recibidas polo alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e as concelleiras eumesas Raquel Caruncho e Alejandra Bellón.

Luis Rey destacou “a iniciativa da asociación, xa que é moi importante que os nosos veciños e veciñas descubran o Camiño Inglés”, agradecendo “o xesto do Concello de Pontedeume de recibirnos”.

En palabras do alcalde de Oroso, “estamos en débeda coas familias, temos que facer máis cousas pensando nelas, e xa anuncio que o próximo ano celebraremos o Día da Familia, polo que invito a asociacións como Troitamundos a que envíen as súas propostas ao concello”.